O pasado día 27 conmemoráronse os 80 anos da liberación do campo de concentración de Auschwitz. Para ter unha idea do que a historia non pode volver a reptetir nunca máis, hoxe veremos un pequeno vídeo sobre as atrocidades que os nazis levaron adiante cos xudeus durante a 2ª guerra mundial.
QUEN FOI ANA FRANK? (VÍDEO)
QUEN FOI ANA FRANK? (TEXTO)
Despois dunha conversa sobre o vídeo, veremos a película La vida es bella, relacionada con este perídodo histórico: cando un bibliotecario xudeu e o seu fillo se converten en vítimas do Holocausto, el usará unha mestura perfecta de vontade, humor e imaxinación para protexer o seu fillo dos perigos aos que se expoñen no campo de concentración.
Para finalizar, aquí podedes ver un mapa no que se recolle a rede de campos de concentración e de exterminio creada polo poder nazi:
No hay comentarios:
Publicar un comentario