domingo, 22 de marzo de 2020

TAREFA 1. O COLONIALISMO. CUESTIONARIO




- Cubride a seguinte táboa con datos extraídos da fotocopia sobre o IMPERIALISMO OU COLONIALISMO. Tedes que envialo cuberto antes do vindeiro luns, 30 de marzo.  


O IMPERIALISMO E O PROCESO DE DESCOLONIZACIÓN

En que se transforma unha potencia cando conquista outros países e como pasan a chamarse eses países?

Cal é a CAUSA ECONÓMICA do imperialismo?





E a CAUSA POLÍTICA?





E a CAUSA DEMOGRÁFICA?





Tamén hai causas IDEOLÓXICAS. Precísaas.





Que continente foi repartido case integramente entre os europeos?



Que metrópole dominou ese continente de norte a sur?





E de leste a oeste?



Que outras potencias tiñan territorios alí?





España tivo colonias? Cales?



Explica algunha consecuencia negativa do colonialismo





Na segunda metade do século XX teñen lugar varios procesos de independencias de colonias de distintos lugares do mundo. Unha consecuencia disto é o nacemento do TERCEIRO MUNDO. Explica que é e que características teñen os países que o compoñen.



TAREFA 1. O COLONIALISMO. DOCUMENTOS.


TAREFA 1: O COLONIALISMO. DOCUMENTOS


TRABALLANDO DESDE A CASA


Ola a todos:

      Sabedes que o problema de saúde creado polo Coronavirus obríganos a todos a alterar a nosa vida cotiá e as nosas ocupacións. Tamén ten consecuencias no noso traballo: nos podemos desprazarnos, nin o alumnado nin o profesorado ás aulas para ensinar ou aprender. Pero iso non implica que nos paremos: imos intentar seguir cara adiante, facendo uso da comunicación dixital e das ferramentas que facilitan a aprendizaxe a través das novas tecnoloxías.

     Xa volo expliquei por correo electrónico: estamos na parte de Sociedade e cada semana traballamos cun tema e cun cuestionario sobre documentos e/ou vídeos relacionados con el. Cando o teñades cuberto,  enviádelo ao correo electrónico lenguacurtis@gmail.com para que eu poida revisalo. 

Veña, imos alá... E xa sabedes onde estou para calquera dúbida (correo electrónico). 

REPASANDO VARIAS COUSIÑAS EN COMUNICACIÓN (LINGUA GALEGA)

A miúdo faremos uso na aula destes enlaces para repasar distintos contidos importantes para o exame:  - TIPOLOXÍA TEXTUAL.TEXTOS DIVERSOS:  ...