Ola a todos:
Sabedes que o problema de saúde creado polo Coronavirus obríganos a todos a alterar a nosa vida cotiá e as nosas ocupacións. Tamén ten consecuencias no noso traballo: nos podemos desprazarnos, nin o alumnado nin o profesorado ás aulas para ensinar ou aprender. Pero iso non implica que nos paremos: imos intentar seguir cara adiante, facendo uso da comunicación dixital e das ferramentas que facilitan a aprendizaxe a través das novas tecnoloxías.
Xa volo expliquei por correo electrónico: estamos na parte de Sociedade e cada semana traballamos cun tema e cun cuestionario sobre documentos e/ou vídeos relacionados con el. Cando o teñades cuberto, enviádelo ao correo electrónico lenguacurtis@gmail.com para que eu poida revisalo.
Veña, imos alá... E xa sabedes onde estou para calquera dúbida (correo electrónico).
No hay comentarios:
Publicar un comentario