martes, 26 de enero de 2021

CUESTIONARIO (1ª / 2ª GUERRA MUNDIAL)


1. Corrixe os erros que detectes nestes enunciados:

a) A Primeira Guerra Mundial desenvolveuse entre 1914 e 1917 e nela enfrontáronse as Potencias do eixe contra a Triple Entente.


b) O Imperialismo foi un movemento iniciado no século XVIII polo que os países europeos máis desenvoltos económicamente (pola segunda revolución industrial) conquistaban outros, que pasaban a ser Estados seus. Estes países conquistados chamábanse metrópoles.


c) Os enfrontamentos pola expansión colonial foron a única causa da Primeira Guerra. O país que entrou no panorama colonial sementando a discordia foi España.


d) Rusia e o Imperio Austro-húngaro tiveron unha relación conflictiva na zona dos Alpes, xa que os dous querían dominar a zona.


e) A carreira armamentística consistiu en dar subvencións aos empresarios para fabricar armas.


2. Escribe ti, agora, polo menos tres causas do estalido da Primeira Guerra mundial.


3. Completa a seguinte táboa cos países implicados neste conflito:


ALIANZA

TRIPLE

Imperio Austro-húngaro





Francia


4. En que zona de Europa empeza a guerra? Quen era o arquiduque Francisco Fernando? Onde estaba e que lle pasou? Que consecuencias internacionais tivo isto?


5. Que países van sufrir duramente as consecuencias de perder a guerra? De que maneira? Que Tratado recolle importantes sancións?


6. Para que se creou a Sociedade de Nacións? Foi operativa?


7. Por que triunfaron en Alemania e en Italia Hitler e Mussolini como líderes políticos se defendían o totalitarismo e propoñían políticas moi agresivas?


8. Que outro rexime totalitario hai nese momento? Quen o dirixe? Que o diferencia dos implantados en Alemania e Italia?


9. Que foi o holocausto?


10. Que feito fixo estalar a Segunda Guerra Mundial?


11. Concreta os integrantes de cada bloque neste conflito:

POTENCIAS _____________________

­_____________________ ALIADAS





Xapón

Estados Unidos


12. A segunda gran guerra tivo consecuencias aínda máis terribles que a primeira. Xustifica esta afirmación con datos concretos.


13. Que organismo substituiu á Sociedade de Nacións?


14. En que dous grandes bloques se vai dividir o mundo pouco despois desta segunda guerra? Cres que pode ter algo que ver co reparto inicial de Alemania en catro zonas?


HISTORIA DO SÉCULO XX: AS DÚAS GUERRAS MUNDIAIS

      Aquí tedes unha táboa-resumo dos contidos máis importantes relacionados coa 1ª e coa 2ª Guerra mundial.  Déixovos, tamén, un par de vídeos que imos manexar na clase e que poden ser útiles para axudar a entender estes conflitos:


EUROPA TRAS LA 1º GUERRA MUNDIAL:

ALIANZAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL: 


https://www.youtube.com/watch?v=_28H2LqFXE0     (PRIMERA GUERRA MUNDIAL)

https://www.youtube.com/watch?v=QONf99egvik       (SEGUNDA GUERRA MUNDIAL)



REPASANDO VARIAS COUSIÑAS EN COMUNICACIÓN (LINGUA GALEGA)

A miúdo faremos uso na aula destes enlaces para repasar distintos contidos importantes para o exame:  - TIPOLOXÍA TEXTUAL.TEXTOS DIVERSOS:  ...