- Cubride a seguinte
táboa con datos extraídos da fotocopia sobre o IMPERIALISMO OU COLONIALISMO. Tedes que envialo cuberto antes do vindeiro luns, 30 de marzo.
| O IMPERIALISMO E O PROCESO DE DESCOLONIZACIÓN
|
|
| En que se transforma unha potencia cando conquista outros países e como pasan a chamarse eses países? | |
| Cal é a CAUSA ECONÓMICA do imperialismo? | |
| E a CAUSA POLÍTICA? | |
| E a CAUSA DEMOGRÁFICA? | |
| Tamén hai causas IDEOLÓXICAS. Precísaas. | |
| Que continente foi repartido case integramente entre os europeos? | |
| Que metrópole dominou ese continente de norte a sur? | |
| E de leste a oeste? | |
| Que outras potencias tiñan territorios alí? | |
| España tivo colonias? Cales? | |
| Explica algunha consecuencia negativa do colonialismo | |
| Na segunda metade do século XX teñen lugar varios procesos de independencias de colonias de distintos lugares do mundo. Unha consecuencia disto é o nacemento do TERCEIRO MUNDO. Explica que é e que características teñen os países que o compoñen. | |

