EJERCICIO
1. Corrixe os erros que aparecen nestes enunciados:
a)
A Idade Moderna empeza coa Revolución Francesa, no século XVIII e
chega ata hoxe en día.
b)
A invención da escritura no ano 2000 A. de C. supón o paso do
Paleolítico ao Neolítico.
c)
Durante a Idade Antiga houbo numerosos inventos que facilitaron o
desenvolvemento do comercio marítimo e da burguesía.
d)
Na Idade Media os árabes invaden a Península Ibérica e os
cristiáns inician a Guerra da Reconquista para recuperar o terreo
que os mouros lles arrebataron.
e)
É tamén na Idade Media cando se desenvolve o feudalismo, que é
unha forma de organización social e económica na que a Igrexa
arrenda as terras ós campesiños por unha suma mensual.
f)
As civilizacións grega e romana desenvólvense na Idade
Contemporánea.
g)
Un dos trazos característicos da Idade Moderna é o avance cara ás
democracias a través de revolucións coma a Francesa.
h)
Por desenvolvemento sostible enténdese o compromiso dos científicos
para acabar co cambio climático.
i)
A globalización é un dos trazos da Idade Moderna e ten que ver co
desenvolvemento dos medios de transporte, que nos permite viaxar a
diferentes lugares do mundo.
j)
Grazas á carreira espacial, a humanidade coñece cada vez mellor o
funcionamento do universo e sabe da existencia de novos planetas.
k)
As enerxías renovables son máis contaminantes pero menos caras:
referímonos ao petróleo, ao carbón e á enerxía nuclear.
l)
Rexime totalitario é un termo sinónimo de República.
ll)
Unha Constitución é o conxunto de leis máis importantes dun país.
m)
Actualmente vivimos nunha sociedade estamental que nos impide cambiar
de grupo social.
n)
A democracia apareceu por primeira vez en Roma, na Idade Antiga:
trátase dunha forma de goberno na que o rei é elixido polo pobo
mediante unha asemblea.
ñ)
En España funciona a democracia e a forma de goberno é unha
monarquía absoluta: o rei é Juan Carlos I e o presidente do
Goberno, pertencente ao PP, é Alfonso Rueda.
o)
Un referendum é un debate onde cada participante expón a súa
opinión sobre un tema.
p)
Nunha democracia o poder divídese en tres bloques independentes
entre sí: lexislativo, xudicial e comercial.
q)
O poder lexislativo téñeo os xuíces, que sancionan a quen non
respecta as leis.
r)
O poder xudicial reside nos avogados, que defenden aos acusados
dalgún delito.
s)
O Presidente do goberno e o seu equipo de ministros teñen o poder
executivo: é dicir, ocúpanse de publicar e divulgar as leis para
que se apliquen.
t)
Os golpes de Estado atacan os principios fundamentais das
democracias.