1. OS SECTORES ECONÓMICOS
lunes, 9 de diciembre de 2024
domingo, 8 de diciembre de 2024
EJERCICIO 1. EDADES DE LA HISTORIA Y CONCEPTOS BÁSICOS.
EJERCICIO 1. Corrixe os erros que aparecen nestes enunciados:
a) A Idade Moderna empeza coa Revolución Francesa, no século XVIII e chega ata hoxe en día.
b) A invención da escritura no ano 2000 A. de C. supón o paso do Paleolítico ao Neolítico.
c) Durante a Idade Antiga houbo numerosos inventos que facilitaron o desenvolvemento do comercio marítimo e da burguesía.
d) Na Idade Media os árabes invaden a Península Ibérica e os cristiáns inician a Guerra da Reconquista para recuperar o terreo que os mouros lles arrebataron.
e) É tamén na Idade Media cando se desenvolve o feudalismo, que é unha forma de organización social e económica na que a Igrexa arrenda as terras ós campesiños por unha suma mensual.
f) As civilizacións grega e romana desenvólvense na Idade Contemporánea.
g) Un dos trazos característicos da Idade Moderna é o avance cara ás democracias a través de revolucións coma a Francesa.
h) Por desenvolvemento sostible enténdese o compromiso dos científicos para acabar co cambio climático.
i) A globalización é un dos trazos da Idade Moderna e ten que ver co desenvolvemento dos medios de transporte, que nos permite viaxar a diferentes lugares do mundo.
j) Grazas á carreira espacial, a humanidade coñece cada vez mellor o funcionamento do universo e sabe da existencia de novos planetas.
k) As enerxías renovables son máis contaminantes pero menos caras: referímonos ao petróleo, ao carbón e á enerxía nuclear.
l) Rexime totalitario é un termo sinónimo de República.
ll) Unha Constitución é o conxunto de leis máis importantes dun país.
m) Actualmente vivimos nunha sociedade estamental que nos impide cambiar de grupo social.
n) A democracia apareceu por primeira vez en Roma, na Idade Antiga: trátase dunha forma de goberno na que o rei é elixido polo pobo mediante unha asemblea.
ñ) En España funciona a democracia e a forma de goberno é unha monarquía absoluta: o rei é Juan Carlos I e o presidente do Goberno, pertencente ao PP, é Alfonso Rueda.
o) Un referendum é un debate onde cada participante expón a súa opinión sobre un tema.
p) Nunha democracia o poder divídese en tres bloques independentes entre sí: lexislativo, xudicial e comercial.
q) O poder lexislativo téñeo os xuíces, que sancionan a quen non respecta as leis.
r) O poder xudicial reside nos avogados, que defenden aos acusados dalgún delito.
s) O Presidente do goberno e o seu equipo de ministros teñen o poder executivo: é dicir, ocúpanse de publicar e divulgar as leis para que se apliquen.
t) Os golpes de Estado atacan os principios fundamentais das democracias.
REPASANDO OS CONCEPTOS BÁSICOS DE CIENCIAS SOCIAIS E AS ETAPAS DA LITERATURA GALEGA
Para o vindeiro luns, 7 de abril, tedes que traer repasados os contidos destes dous arquivos: PINCHA AQUÍ PARA ACCEDER AOS CONCEPTOS BÁSI...
-
TIPOS DE PALABRAS VARIABLES E INVARIABLES
-
TIPOS DE TEXTOS SEGÚN SU FINALIDAD CONECTORES TEXTUALES EJERCICIOS SOBRE CONECTORES TEXTUALES
-
Aquí tedes unha táboa-resumo dos contidos máis importantes relacionados coa 1ª e coa 2ª Guerra mundial. Déixovos, tamén, un par de ví...